18 abr. 2013

CONCURSO DE CUENTOS ILUSTRADOS


VI edición do concurso de conto ilustrado “A conquista da illa marabillosa”, organizado por Librería infantil e xuvenil Zampacontos.

BASES:

  1. Poderánse presentar ao concurso tódolos nen@s con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos.
  2. Co gallo de fomentar o uso do Galego entre os máis novos, Zampacontos recomenda e anima a empregar o uso do idioma Galego, existindo tamén a posibilidade, de que as obras remitidas poidan estar expresadas en calquer outro idioma.
  3. Os autores entregarán persoalmente o seu conto ilustrado, na librería infantil e xuvenil Zampacontos ou enviándoo ao seguinte enderezo:
Librería Infantil e Xuvenil Zampacontos. Rúa Santo Domingo. Galerías Sol. Nº 39. Local 21. 32003. Ourense.
  1. Só se poderá presentar un conto ilustrado por nen@.
  2. Os Centros de Ensino que queiran participar poderán presentar únicamente unha obra por áula.
  3. As obras estarán asinadas únicamente cun pseudónimo. Tódalas obras deberánse entregar, dentro dun sobre grande no que figure o pseudónimo e nun sobre máis pequeno, tamén con pseudónimo incluirase unha folla co nome e apelidos do nen@, ou áula, idade, enderezo e un número de teléfono de contacto.
  4. A extensión máxima do conto ilustrado será de 20 páxinas.
  5. Os nenos terán total liberdade para dotar de contido ao conto que pode ter ilustracións e texto ou só ilustracións.
  6. Admítense tanto versións de contos coma histórias inéditas. Non se poderán presentar obras premiadas en concursos anteriores.
  7. O prazo para PRESENTAR AS OBRAS REMATA O LUNS 20 DE MAIO, ás 20.30 horas.
  8. Poderánse empregar diferentes técnicas: collage, fotografía, acuarelas, ceras…
  9. O xurado estará composto por diferentes persoalidades do mundo da cultura e o libro.
  10. Estableceránse catro premios que terán como agasallo, un lote de libros cada un. Os premios diferenciarán as distintas idades dos participantes, deste xeito haberá dous premios que comprenderán a franxa de idade de 5 a 7 anos e outros dous para as idades de 8 a 12. A decisión do xurado e a posterior ENTREGA DE PREMIOS será o VENRES 31 DE MAIO, ás 19.30 horas.
  11. As obras non premiadas poderánse recoller en Zampacontos, a partires do día 1 de xuño habendo un prazo máximo dun mes para recollelas. Unha vez rematado dito prazo, as obras non recollidas reciclaranse.
  12. A participación neste concurso supón a plena aceptación das presentes bases e a renuncia a toda reclamación.



 ¡MUCHA SUERTE!